Xeolocalización Templo Votivo do Mar
STREET VIEWS
VÍDEO TEMPLO VOTIVO
O arquitecto porriñés Antonio Palacios pasou á historia por embelecer Madrid. Para Galicia quixo desenvolver un novo estilo: O Regionalismo. Unha estética inspirada na arquitectura popular e no románico. Neste estilo construíuse o consistorio do Porriño, a Beira Cruz do Carballiño, algún negocio privado, algunha fonte, o convento das Salesas Reais en Vigo, e unha casa na Guarda que hoxe é museo. O Val Miñor é a comarca que concentra máis edificacións rexionalistas de Palacios. Desde Baiona ata Panxón, dando unha volta pola baía, poderíase facer un circuíto cultural visitando a Virxe da Roca, os chalés de Praia América, e sobre todo o impresionante Templo Votivo do Mar.
Este edificio dedicado aos mariñeiros e aos santos da xente do mar, polo que Antonio Palacios non quixo cobrar, sostense encima dun pequeno outeiro azoutado no inverno por ventos de 150 quilómetros por hora. A súa idade engadido a que foi feito con material de desfeito doado por todos os veciños convérteno nunha obra mestra da reciclaxe, que necesita aos seus 72 anos uns cuantos mimos para evitar a súa deterioración.
PLICKERS




Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar